Saltar ao contido
Bilibú Acceso empresas

API

Sincroniza o teu stock con Bilibú

A API permite que o software do teu concesionario (DMS, xestor de stock, web) publique e manteña os vehículos en Bilibú sen traballo manual, e que recolla as consultas de compradores no teu CRM. É gratuíta para empresas aprobadas.

Que podes facer

Cada empresa accede coa súa propia clave e só ve e modifica o seu propio stock.

A túa web é WordPress?

Non fai falta programar: descarga o complemento Bilibú Sync, instálao, pega a túa clave e indica de onde sae cada dato (campos personalizados, ACF, taxonomías ou temas de concesionario como Vehica). Cada alta, cambio de prezo, reserva, venda ou baixa chega soa a Bilibú, e cada noite revísase todo o stock.

Como comezar

  1. Dá de alta a túa empresa en Bilibú.
  2. Cando a aprobemos, crea a túa clave no panel, sección API.
  3. Nesa mesma sección tes a documentación técnica completa, con exemplos.

Dúbidas ou queres que conectemos o teu DMS? Escríbenos a hola@bilibu.es.